Innovación eléctrica – marabillas con dúas rodas

O principal foco de interese deste blog é a iniciativa empresarial en xeral, e a innovación no sector TIC en particular. A pesar diso, agora vou tratar outro tema, relacionado cun artigo que acabo de ler e que combina tres dos meus temas favoritos: innovación, tecnoloxía limpa e motos. Trátase dun traballo [no-1] publicado recentemente na revista norueguesa Politécnico Semanal (Teknisk Ukeblad), no que presentan unha moto eléctrica cun deseño realmente orixinal, elaborado por estudantes da Universidade da arte Aplicada (Universität für angewandte Kunst) en Viena.

A moto ZEVS. Con permiso de Anders August Kittelsen, Bernhard Ranner e Rudolf Stefanich. Copyright 2010 Todos os dereitos reservados.

A moto ZEVS. Con permiso de Anders August Kittelsen, Bernhard Ranner e Rudolf Stefanich. Copyright 2010 Todos os dereitos reservados.

Read more

EPiserver, Fox Technologies, Nimsoft e Qliktech

Nun artigo recente [se-1], a revista sueca de tecnoloxía IT24 identifica 4 interesantes investimentos no sector TIC: Episerver, Fox Tecnoloxías, Nimsoft e Qliktech. Estas compañías experimentaron un rápido crecemento, desenvolveron un capital intelectual considerable, e teñen unha importante lista de clientes. As 3 primeiras empresas teñen participación do fondo nórdico de capital de risco Northzone, mentres que o maior investidor en Qliktech é o fondo sueco Industrifonden.

  • EPiServer. Ofrece unha gama de produtos e servizos para a administración de contido e de comunidades en liña. É moi rendible e recentemente logrou uns 3000 clientes. Segundo a empresa, o EPiServer CMS é a plataforma *CMS comercial co crecemento máis rápido no mundo. É máis, terceiras compañías están a engadir continuamente módulos ás aplicacións de EPiServer [en-2]. Non é unha sorpresa que xa estean a preparar unha oferta pública de venda [en-1].
  • Fox Tecnoloxías. Ofrece sistemas para o control de acceso a servidores, aplicacións e computadores, cunha administración centralizada de control do acceso á infraestrutura.
  • Nimsoft. Provedor de solucións únicas para a administración e medida de niveis de servizo, incluídos niveis en nubes (cloud computing). Está a vivir un forte crecemento.
  • Qliktech. Software de intelixencia empresarial cunha ampla gama de aplicacións para empresas de diferentes sectores, e de calquera tamaño. Está a experimentar un crecemento realmente forte en ingresos e número de clientes. Está lista para unha oferta pública de venda.

Read more

Comunicando a túa idea de negocio (1) – O plan de negocio

O plan de negocios foi tratado nunha infinidade de publicacións. Entón, que sentido ten que eu tamén o faga? Porque creo que moito do que se escribiu acerca dos plans de negocio non incide no realmente importante; os puntos crave pérdense, a miúdo, nos detalles. De feito, un plan de negocios pode ser moi breve.

Vin plans de negocio convincentes en forma de diapositivas de PowerPoint, un vídeo breve, ou, mesmo, un par de páxinas de garabatos. O que importa é contar cos “ingredientes” necesarios (ou un plan para conseguilos), e non a forma exacta da comunicación. William A. Sahlman [1]

Read more

Os medios de comunicación: avanzan de costas cara ao futuro?

Obsolete? "Newsagent", de Ben Terrett. Algúns dereitos reservados.
Obsolete? “Newsagent”, de Ben Terrett. Algúns dereitos reservados.

Necesitamos verdadeiras noticias. Noticias adecuadas, relevantes, e que sexan o resultado de auténtico xornalismo de investigación. Necesitámolas agora máis que nunca. Por que? Porque se aveciñan tempos turbulentos: cambio climático, destrución ambiental a nivel rexional e local, problemas demográficos…. De feito, todos estes procesos xa comezaron.

Ante esta nova realidade, máis esixente, a calidade do xornalismo é, paradoxalmente, cada vez menor. [FR1, FR2]. O chamado “xornalismo cidadán” non é –ou non debe ser- substituto do xornalismo profesional de investigación. E aínda que o segundo, a diferenza do primeiro, custa diñeiro (os xornalistas profesionais deben ser remunerados), son dos que pensan que manter -e mesmo ampliar- o xornalismo de investigación é posible, mesmo coa redución de ingresos publicitarios. Para iso é necesario que os medios de comunicación adhíranse á nova realidade en termos de produción, presentación e distribución. Read more

Profesional Estranxeiro? Buscando traballo?

Tiven o pracer de coñecer a varios estranxeiros que viven en Tromsø (Noruega). Moitas son parellas, onde un traballa ou estuda, mentres que o outro está tratando atopar traballo, preferentemente un traballo interesante. É sorprendente cantas persoas teñen dificultade para atopar algo relevante que facer, aínda que teñan cualificacións excelentes. No artigo hai algunhas ideas sobre como un profesional estranxeiro pode obter un emprego no sector privado, tanto en Noruega como noutros lugares.

Como un bo nivel de inglés é un requisito, o articulo está escrito en inglés. Atópalo aquí.

Aquí hai unha guía xeral de Noruega en castelán, aquí en portugués, e aquí outra en inglés.

Unha novo paradigma en CRM?

O pasado venres, 2 de outubro, asistín á presentación “Novas posibilidades cos medios sociais” de Øyvind Solstad, de NRK Beta, verdadeiro xardín de xogos da tecnoloxía e os novos medios de comunicación da NRK (Corporación de Radiodifusión de Noruega). Øyvind fixo fincapé na necesidade de que as empresas empreguen os medios sociais nos seus esforzos de mercadotecnia e de CRM. Presentou algúns puntos interesantes sobre a importancia destes medios, especialmente a forma en que afectan a túa relación cos teus clientes, e como poden ser administrados: Read more